deber

Exercicio que o profesor manda facer aos seus alumnos fóra das horas de escola

Etimoloxía

Termo que procede do latín debere ‘ser debedor’.

Exemplos *

“El, intelixente sabía que nesas mans pequeniñas estaba o futuro, que cumpría sementar ilusión e cultura liberadora que cuestionase o mundo, afastada dos deberes da escola.” (Marga do Val: Sermos Galiza, 3-12-2015)

“E enriba da neveira aquela folliña de dobre liña cunha raia rosa que a atravesa de arriba a abaixo, aquela folliña do caderno dos deberes de Lucía: " Non podo máis, Xabier. Adeus." (Manuel Seixas: A velocidade do frío, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.