debullar

Sacar os grans dun froito.

Etimoloxía

Formouse a partir do latín vulgar depoliare, no latín clásico despoliare, formado con de- mais spoliare ‘roubar’.

Exemplos *

"Debullaba uns chícharos, mentres no lume fervía a cachón unha pota de caldo, cando entrou Toné." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

"… aínda que non traballase moito sempre podía botar unha man debullando millo ou ervellas, axudando na cociña ou recollendo froita das maceiras da horta …" (Xavier Queipo: O ladrón de esperma)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.