debut

Primeira actuación en público de quen se dedica ao mundo do espectáculo, ao cine ou ao teatro

Etimoloxía

Palabra de orixe francesa début ‘no xogo, a primeira tirada para saber quen comeza’.

Exemplos *

“En Barcelona fai o debut no Palacio de Cristal, un dos lugares máis concurridos donde actuaban daquela os mimos máis populares, os Onofri.” (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista, 1995)

“Aínda que Has bailar! foi o debut de Cristina, Mutenrohi xa gravara un traballo con anterioridade.” (M.B.: A Nosa Terra, 29-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.