Representar por medio dun debuxo algo ou a alguén
Etimoloxía
Vocábulo que tomamos de francés antigo deboissier que significaba ‘esculpir’ ou ‘desbastar a madeira’.
Exemplos *
“Deume uns lapis de cores para debuxar e eu debuxeina a ela porque pensei que de maior quería ser así de fermosa, así de loira, vestirme de branco para coidar da xente enferma.” (Mario Regueira: L’affiche rouge, 2007)
“Milo púxose a debuxar con moitas ganas, pero de súpeto fixo esvarar o pincel sobre a folla do caderno, estragando así a pintura que estivera facendo durante toda a tarde.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.