Arte e técnica de debuxar.
Etimoloxía
Derivouse do verbo debuxar e este parece ser que se tomou dunha forma do francés antigo deboissier ‘labrar a madeira’, que se formaría a partir de bois ‘madeira’.
Exemplos *
“Pérez Villamil foi un auténtico neno prodixio posto que cando tiña soamente oito anos xa desempeñaba o cargo de axudante de profesor de debuxo no Colexio Militar de Santiago ás ordes do seu propio pai.” (Albino Mallo: Galicia Hoxe 7-03-2007)
“-Sabes, Serafina _confesoulle Milo rematando de pintar o casco dun barco de vela no seu caderno de debuxo_. Nunca cho dixen, pero a min tamén me gustaría ter un pai ladrón de bicicletas.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.