Persoa que preside unha facultade universitaria / Membro máis antigo dunha comunidade ou corpo
Etimoloxía
Termo que procede do latín decanus ‘xefe de dez monxes nun mosteiro’.
Exemplos *
“En xaneiro do 98, as profesoras da USC eran tan só o 34 por cento do total do profesorado, (...) cando se trata de cargos académicos –en Galicia non hai ningunha reitora e na Universidade de Santiago só hai unha muller vicerreitora dun total de 9 e só dúas decanas fronte a 16 homes co mesmo cargo–.” (Ana Romaní e Begoña Caamaño: Tempos Novos, 3-1998)
“A decana de Psicoloxía alerta do machismo na linguaxe. A decana entende que «non se corrixiu na lingua escrita».” (Redacción: Galicia Confidencial, 24-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


