Chover fortemente e en abundancia durante moito tempo.
Etimoloxía
Deriva de decembro, voz que chegou da denominación deste mes en latín, december, -bris (mensis)
Exemplos *
"Sentiu que o reclamaba o rumor dos regueiros cando decembra, e chimpouse de capitón no leito." (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)
"Decembra, señor Holmes. Non saben a sorte que teñen de poder pasar este tempo caroal ó acollido, arrimados ó lume e contando contos." (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.