décima

Estrofa de dez versos octosílabos que riman en consonante o primeiro co cuarto e quinto, o segundo con terceiro e sexto, o sétimo co décimo e o oitavo co noveno.

Etimoloxía

Deriva do numeral latino decimus, -a, -um.

Exemplos *

"O aspecto reivindicativo de Zernadas y Castro agroma na súa poesía culta e rica e ten un papel destacado como nestas décimas …" (Xosé Freire: A Nosa Terra 19-09-2002)

"Os poetas repentistas improvisaron décimas laiantes." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.