décimo

Cada unha das dez partes en que se divide un billete ou un número de lotaría.

Etimoloxía

Directamente do latín decimus, –a, –um co mesmo significado.

Exemplos *

"Sen querelo, viuse de súpeto na rúa Transversal fronte á mercería á que non levou o décimo premiado" (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza)

"… pero na manobra fixo demasiados movementos e ¡merda! os dous décimos de lotería que levaba no peto do pantalón caéronlle sobre o chan infecto." (Francisco Alonso: Trailer)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.