dedicatoria

Expresión, frase etc., de afecto ou agradecemento, con que unha persoa ofrece a outra un libro, unha fotografía ou outra cousa

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base “dedicar” que bebe do latín dedicare que significaba ‘mostrar’, ‘consagrar’ ou ‘destinar’.

Exemplos *

“No limiar que segue esta senlleira dedicatoria, Rosalía fai algo máis que unha simple declaración de intencións; a autora denuncia o maltrato e as difamacións que sofren decote Galiza e, por extensión, a lingua galega.” (María Xosé C. Trillo: Sermos Galiza, 10-8-2012)

“Mesmamente rematara de ler a dedicatoria coa que un tal Steve W. facía entrega do libro á biblioteca a cambio de favores non especificados, cando sorprendín nos rostros que ante min se atopaban a distracción motivada por certos movementos ás miñas costas.” (David Pérez Iglesias: Estación Término, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.