Cada unha das cinco prolongacións en que remata a man do home e a do simio.
Etimoloxía
Evolucionou desde o latín digitus –i.
Exemplos *
“El abriu o puño e tamén a súa man coincidiu coa man de Frida, dedo a dedo, cada palma fronte á outra.” (Dolores Ruiz: Dentro da illa)
“Achegou a man ao picaporte, arrodeouno cos dedos coma quen teme que lle escape e abriu a porta co corazón no sitio das amígdalas.” (Xabier López López: Os libros prestados)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.