defensa

Acción e efecto de defender // Aquilo que serve para defender

Etimoloxía

Palabra que vén do latín tardío defensa de significado semellante que remite ao verbo latino defendere ‘defender’.

Exemplos *

“Eran xentes da Louriña, Fragoso, Baixo Miño, Val Miñor e Mariñas de Oia, que acababan de arrumbar os vellos castelos de Tebra e de Entenza, e as torres de Vigo, e de desfacer simbolicamente as defensas da fortaleza do Monte do Boi en Baiona.” (Xoán Bernárdez Vilar: Un home de Vilameán. Anatomía dunha revolución, 1976)

“Dicía que axudei á recollida de armas e participei cos escopeteiros republicanos da zona barcalesa na defensa de Santiago, ata a saída das tropas ás rúas.” (X. Amancio Liñares Giraut: Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun Galego Inconformista [entrevista], 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.