deflación

Redución da cantidade de diñeiro en circulación, que provoca a baixa dos prezos e a diminución da inflación

Etimoloxía

Procede do francés déflation e conserva o seu significado.

Exemplos *

“Esta semana advertía contra o perigo dunha gran deflación mundial (caída de prezos), semellante á que aflixe á economía xaponesa desde hai anos.” (Ramón Maceiras: A Nosa Terra ANT2002-09-26/33, 2002).

“Velaí a crítica á China pola manipulación á baixa do iuan para manter as súas exportación e evitar a deflación.” (Manuel Cao: A Nosa Terra  29/01/2009).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.