defunto, -a

Persoa sen vida

Etimoloxía

Vocábulo que chega do adxectivo latino defunctus, -a, -um ‘que cumpriu a vida’.

Exemplos *

“Pero como non se repuña do mal, chegou a pensar se era a alma dalgún defunto que recalaba todos os anos no corpo do seu hóspede.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historia de Compostela) / Un home portátil, 2014)

“(...) encádraseme como escritor fantástico porque os fantasmas teñen unha presenza evidente en moitos dos meus libros. Xusto como a tiñan nos anos da miña infancia, na Vilalba dos anos cincuenta , onde a fronteira entre os vivos e os defuntos era moi difusa.” (Agustín Fernández Paz: O rastro que deixamos, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.