degradación

Acción e efecto de degradar ou degradarse

Etimoloxía

Palabra derivada formada sobre “degradar” que vén do latín degradare con significado semellante.

Exemplos *

“En segundo lugar, os incendios forestais, que continúan sendo un importante factor de degradación e perda de solos e ecosistemas.” (María Xosé Vázquez Rodríguez: Territorio, financiamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II, 2008)

“Estas ideas que tiñan unha forte carga científica e, (...) non tardaron en ser popularizadas e pasar a nutrir a base conceptual dos movementos ambientalistas, sobre todo, cando as situacións de degradación dos ecosistemas e desaparición de moitas especies comezaron a ser evidentes.” (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.