delampo

Espazo breve de tempo en que loce o Sol nun día de chuvia

Etimoloxía

Termo derivado sobre a palabra “lampo” que bebe no latín tardío lampare ‘brillar’ que, á súa vez, procede do grego lámpein.

Exemplos *

“Deixara de chover. Aproveitando o delampo, Mauro, nunha rápida carreira, acercarase á de Manuela, o pequeno furancho onde, despois de mercar tabaco, remoleara aínda un cacho bebendo unha cervexa e parolando cos seareiros.” (Anxo Rei Ballesteros: Loaira, 1992)

“...iso así non pode continuar e que por entre a chuvieira, no delampo, cada quen collerá rumbo, sen ollar para atrás.” (Margarita Ledo Andión: Porta blindada, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.