Pracer do espírito ou dos sentidos
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “deleitar” que vén do occitano deleitar.
Exemplos *
“A fruición de ler, o deleite do coñecemento, unha sede que medra con cada libro, é algo moi parecido ao amor, unha andaina sen fin, unha encomenda que nunca remata, pois promete máis do que dá e obriga a ir cada día algo máis lonxe.” (Xabier Paz: Ciencia e humanidades. Dúas culturas en colisión? 50 anos de As dúas culturas de C. P. Snow, 2011)
“Confeituras e marmelos chegaron tamén á mesa, para deleite das damas máis ca dos cabaleiros, que por sobremesa tomaban as súas habituais discusións farfantonas.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo. Parte I: de cans e lobos, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.