Persoa que ten por oficio trazar planos
Etimoloxía
Vocábulo procedente do participio presente do verbo “delinear” que bebe no latín delineare ‘deseñar’, ‘trazar’.
Exemplos *
“A xunta de goberno local aprobou onte o nomeamento de cinco administrativos, unha delineante, un oficial lector de contadores e unha técnica de xardín de infancia.” (Lorena G. C.: La Voz de Galicia, 26-9-2019)
“Desde entón, fora malvivindo con pequenos encargos que, a pesar de todo, alimentaran a súa ambición, ateigada daquela co simple cobro duns escasos honorarios. Os suficientes, con todo, para poder contratar a unha delineante que exercía tamén de secretaria atendendo as chamadas e as visitas .” (Manuel Forcadela: Anxélica, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


