delirio

Estado de exaltación provocado por un sentimento violento

Etimoloxía

Palabra que procede da latina delirium de significado semellante.

Exemplos *

“¡LUZ NO DELIRIO dos sentidos! / se te preciso cando te agardo non vés nunca / e a súplica que molla / desfai un labio / e outro labio que expira nun silencio” (Xela Airas: Denuncia do equilibrio, 1986)

“A disputa que manteñen é forte, pero o home minimiza a violencia e prefire dicir que se trata da inevitable "dialéctica entre a superstición e a ciencia." Se ve que estou escoitando o seu home con interese, ela di que é a novidade, que xa me cansarei de tanto delirio.” (Teresa Costa González: Os santos nunca dormen, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.