Roupa, cereal etc. perder a humidade ao estar ao sol ou ao aire
Etimoloxía
Palabra que se forma desde “louro” que vén, á súa vez, do latín laurus que significa ‘loureiro’ e posteriormente ‘dourado’.
Exemplos *
“Agradecinlle a convidada e pedinlle á ama da casa que me puxese a chambra en lugar no que delourase toda a noite a lentura para non ter que cubrirme con ela mollada ó día seguinte.” (Hixinio Puentes: Aguillón de Ortegal, 2005)
“Os soportes, componse dunha armazón polo normal de castiñeiro artellado sobre catro trabes, dúas ao longo, denominadas padieiras, sobre as que se apoian inseridos de modo vertical os balagustos ou duelas, que deixan entre elas unhas fírgoas para que entre o aire e así poidan delourarse as mazarocas de millo.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.