delta

Construción sedimentaria que se produce na desembocadura dun río, formada polos aluvións transportados por este / Cuarta letra do alfabeto grego (Δ, δ)

Etimoloxía

Adaptación da voz grega délta, o nome da letra, de forma triangular cando se escribe en maiúscula; acaba por designar o accidente xeográfico dadas a similitudes formais.

Exemplos *

“Agape quedara engaiolada polos ollos do marcusiano, eses ollos orientais que contiñan o cerne e a sabedoría da cidade máis vella do mundo e as brumas do delta do divino Nilo, fonte de vida.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

“É probable que estes devanceiros, durante as incursións que realizaban en busca de alimento polos arredores de deltas, grandes ríos ou mesmo na beira do mar, descubrisen neses medios presas abundantes e relativamente fáciles de capturar.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.