Estado da persoa que ten debilitadas as súas facultades mentais, caracterizado por desorientación, alteracións da memoria e inestabilidade emocional
Etimoloxía
Trátase dun termo médico procedente do latín dementia onde significaba ‘loucura’, mais comezouse a empregar como patoloxía neuronal no século XIX por un médico francés.
Exemplos *
“A enfermidade de alzhéimer é a demencia máis frecuente. Esta enfermidade provoca a alteración progresiva da memoria e doutras capacidades mentais ata converter o paciente nun ser dependente.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
“As persoas bilingües tardan máis en padecer demencia senil. Falar dous idiomas retrasa como media uns catro anos a aparición de trastornos mentais na vellez.” (Redacción: GCiencia. O portal da ciencia galega, 11-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


