Deus ordenador do universo da filosofía platónica
Etimoloxía
Palabra culta que chega directamente do grego demiourgós ‘creador’.
Exemplos *
“–Polo que vostede me di, debo crer que se trata dun escritor xenial, de alguén que cre ser un demiúrgo e quere escribir de novo os libros, mellorándoos.” (Xosé Miranda: A biblioteca da iguana, 1994)
“Era aquel un proceso apaixonante que requiría do seu demiúrgo unha fonda dose de coñecemento intrínseco das obras, das súas estéticas e dos seus significados máis consubstanciais, para poder así acadar un clima acústico en correlación co espírito do lido.” (Paco Yáñez: ...distancias..., 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.