demo

Ser imaxinario que representa o mal na tradición popular

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde o latín tardío daemoniu que remite ao grego daimónion.

Exemplos *

“O resplandor do lume conferíalle ao seu rostro delgado o aspecto dun demo ou dun ser fantástico. Fíxome pensar nas figuras terroríficas e á vez protectoras que adornan a porta dalgunhas catedrais góticas.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“Talmente como llelo digo. Din que non son demos, nin demos nin monstros, que son homes que se aproveitan de nós.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.