Forma de goberno na que a soberanía pertence ao pobo, que elixe os seus representantes mediante eleccións libres
Etimoloxía
Vocábulo que chega desde o latín pero que bebe do grego demokratia, onde dêmos significa ‘pobo’ máis *kratia ‘forza, poder’.
Exemplos *
“Ademais, coa chegada da democracia, a vida social foise liberalizando (...)” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)
“Se partimos dunha das definicións máis elementais de democracia, referirémonos a un réxime político no cal a soberanía reside no pobo (...)” (Miguel A. Fernán Vello: O Correo Galego, 18-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.