Partidario da democracia
Etimoloxía
Adaptación do préstamo francés démocrate, de significado semellante formado cos termos gregos demos- ‘pobo’ e un derivado de krátes ‘poder’, que se creou en oposición aristocrate.
Exemplos *
“Un demócrata que puña o coñecemento ao alcance dos que non tiveran tanta fortuna, un escritor de cartas entregadas, un home feo aínda que sempre moi ben traxado e perfumado, alguén a quen non lle gustaban os gatos...” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
“Detestaba os demócratas e as camisas sen ombreiras e , mentres non atopase nada diso no seu camiño, era unha muller afable.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.