democrático, -a

Relativo ou pertencente á democracia ou conforme con ela

Etimoloxía

Palabra que procede do grego demokratikós que deriva de demokratía ‘democracia’.

Exemplos *

“Tampouco faltaba quen, no medio de tanto balbordo, pedise silencio e recomendase calma, no heroico afán de facilitar a investigación ás autoridades. Pero non había maneira. O pobo, espontaneamente democrático, quería opinar.” (Xurxo Sierra Veloso: Os ollos do rei de copas, 1994)

“A proclamación do texto constitucional supuxo o recoñecemento de dereitos e de deberes fundamentais na construción dunha sociedade democrática.” (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.