demografía

Ciencia que estuda por medio de estatísticas os diferentes aspectos das colectividades humanas

Etimoloxía

Palabra formada polos elementos de composición de orixe grega demo- ‘pobo’ máis -grafía -que se basea en grafés e –ía- co valor ‘descrición, estudo, tratado’.

Exemplos *

“Para os estudiosos da demografía de Galicia resulta sorprendente que a nosa rexión (...) tivese un peso poboacional moi importante no conxunto de España (...)” (María del Carmen Guisán Seijas: Revista Galega de Economía / Educación, emprego e poboación de Galicia, 2000)

“O informe pasa revista ás diferenzas entre homes e mulleres en áreas como a demografía, a educación, os coñecementos informáticos ou o emprego (...)” (E.P.: Galicia Hoxe, 06-03-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.