denario

Moeda romana de prata equivalente a dez ases

Etimoloxía

Adaptación da denominación latina denarius ‘moeda romana de prata que valía dez ases’.

Exemplos *

“Os romanos impuxeron o seu sistema monetario, sendo o denario a moeda máis usada nos seus territorios.” (Xesús Corbacho: O Euro e a Construcción Europea, 2001)

“Porén, nunca o pago a quen escribe foi elevado. No ano 301 o edicto de Diocleciano fixaba a remuneración dos escribas en 25 denarios por cada cen liñas.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.