Acción e efecto de denunciar
Etimoloxía
Voz que se forma sobre o verbo “denunciar” que procede do verbo latino denuntiare ‘notificar’.
Exemplos *
“O coche patrulla non era un taxi e tiñan que ir atender a denuncia dun vertido de xurro na dirección contraria á que el ía.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)
“A denuncia inclúe a declaración da menor, que por suposto ten dereitos de protección especiais e á cal non podemos acceder aínda.” (María Reimóndez: A dúbida, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.