Falar dúas ou máis persoas dun xeito máis ou menos familiar sobre un tema calquera
Etimoloxía
Procede do verbo francés départir, de significado semellante, que vén do latín de- e partire ‘dividir’.
Exemplos *
“Acomódase na primeira fila departindo cun cincuentón elegante.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
“A mellor hora para departir é a primeira, cando teño a cabeza despexada dos moitos asuntos do goberno, que tal e que cal.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.