Acción e efecto de deportar.
Etimoloxía
Xorde da palabra latina deportatio, –onis de significado semellante que, á súa vez, viña do verbo deportare 'desterrar'.
Exemplos *
"Ao facelo, a miúdo carretaron, nun grao ou noutro, problemas de discriminación, violencia civil, deportacións e asimilacións forzosas." (Carlos Taibo: Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional)
"A diferenza do que pasaba en Europa Occidental, en Europa Oriental as deportacións facíanse case sempre en medio dunha violencia brutal." (Francisco Sampedro: A violencia excedente)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.