deportista

Persoa que, por afección ou profesionalmente, practica deporte

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “deporte” que se inspira no inglés sport pero desde a forma antiga disport que designaba ‘diversión’.

Exemplos *

“E así naceu un neno forte e san, (...) o noso Nano, Armando Fernández, bo estudiante desde pequeno, bo deportista, dotado para o béisbol, e bo comunista.” (Olegario Sotelo Blanco: Non houbo queixa e outros contos exemplares / Lúa de mel na Habana, 2001)

“Tiña trinta e cinco anos e unha formación física magnífica. O aspecto era de deportista. Sentáballe ben o uniforme e tiña unha trenza negra que sacaba polo casco cando ía na moto como único signo de coquetería.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.