deportivo -a

Roupa ou calzado que serve ou se utiliza para practicar deporte.

Etimoloxía

É un derivado de deporte, que, no sentido en que o utilizamos na actualidade é un calco do inglés, pero a forma procede do latín e antigamente o seu sentido era o de 'entretemento' ou `pasatempo'.

Exemplos *

"En calquera momento observaría como unha parella de rapaces se achegaba ao Mercedes con calzado deportivo, pantalóns vaqueiros e metralletas debaixo dun tres cuartos." (Xurxo Borrazás: Contos malvados)

"Só podemos ver o calzado asomando por debaixo da tea, o típico calzado deportivo." (Gustavo Pernas Cora: Medidas preventivas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.