deprender

Transmitir por medio da palabra, con explicacións, prácticas etc., o coñecemento dunha cousa

Etimoloxía

Palabra que provén do latín deprehendere ‘coller’.

Exemplos *

“Metino no meu turno, de peón (dábame vergoña ter de peón a un mecánico pero non había outra cousa para el), e non fixo falta deprenderlle o choio.” (Xavier Alcalá: A fundición e outras narracións / A fundición, 1978)

“Os tíos mandárono á escola, cando era máis pequeno, pero non houbera naides capaz de lle deprender as letras: os seus miolos non daban pra tanto.” (Marcial Suárez: O acomodador e outras narracións, 1969)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.