depresión

Estado psiquiátrico caracterizado polo pesimismo, tristeza, retardo psicomotor, insomnio, perda de peso e ás veces sentimentos de culpabilidade e afectación somática

Etimoloxía

Vocábulo que procede do equivalente latino depressio, -ōnis.

Exemplos *

“Un estudo proporciona evidencia sólida sobre os beneficios potenciais de aumentar a actividade física diaria para a saúde mental, especificamente na prevención da depresión.” (Axencia SINC: GCiencia. O portal da ciencia galega, 22-12-2024)

“Unha depresión podía ter moitos vectores, mais con frecuencia era o resultado de pensamentos inadecuados, dunha distorsión cognitiva sobre un mesmo, sobre o mundo e o futuro, e ela analizara cada aspecto da súa vida con obxectividade e raciocinio.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.