dereito

Facultade recoñecida legalmente de realizar unha acción ou gozar de certa cousa

Etimoloxía

Vocábulo que chega do latín directus ‘recto, que segue regras ou ordes preestablecidas’

Exemplos *

“(...) nunca piden reducción de penas, nin pasar ó terceiro grao, inda que teñan dereito a iso.” (Pilar Cernuda: O Correo Galego, 03-11-2000)

"As eleccións tiveron lugar baixo dificultades e isto, indubidabelmente, privou a moitos cidadáns do seu dereito a voto en moitas áreas " (R.V.A.: A Nosa Terra, 03-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.