Capa profunda da pel, onde están os vasos sanguíneos e os nervios.
Etimoloxía
Creouse a partir de epiderme, forma que procede do grego epidermís, ídos, aínda que nos chegou a través do latín.
Exemplos *
"Máis aló da súa derme, estendíase a noite dos abismos, o eido de estrañas criaturas que nos asexaban con temor ou intriga …" (Jacobo Barros: Os ausentes de Casteltón)
"… consiste na aplicación de calor profunda -penetra entre un milímetro e medio centímetro na derme, segundo a zona- con frío en superficie para evitar queimaduras …" (M.J. Cebro: Galicia Hoxe 05-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.