derrogar

Deixar sen validez unha lei ou unha parte dela mediante outra lei, un decreto, unha disposición etc.

Etimoloxía

Procede do latín derogare 'anular unha lei'

Exemplos *

"… a Comisión propuxo en primeiro lugar que o Reino Unido promulgase unhas medidas apropiadas para derrogar o sistema, pero Londres rexeitou en febreiro do 2003 estas medidas." (Galicia Hoxe 2005-02-19)

"¿Fixoselle un gran favor ó xénero feminino, ou cortáronselles as ás para chegar ós postos máis altos como está demostrando a diario coa súa puxanza, tesón, traballo e vontade?

¿Derrogaremos algún día esta lei por inxusta e contraria ós intereses da igualdade?" (José de Cora: Galicia Hoxe 2007-03-17)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.