desacougo

Falta de acougo

Etimoloxía

Palabra que nos leva a “desacougar”, verbo que se forma por prefixación aplicada a “acougar”, cuxa orixe é o equivalente latino accubicare ‘deitarse’ ou ‘repousar’.

Exemplos *

“Tras de min quedan as pegadas dunha longa etapa de desacougos e de ilusións. Diante dun futuro, que xa non contemplarei, deséñase un camiño esperanzador cara ao horizonte no que tanto soñamos.” (Francisco Fernández del Riego: O río do tempo. Unha historia vivida, 1990)

“Tampouco a xuventude, atarefada na insolencia, advertira nada nocivo, alén dunha climatoloxía benigna en exceso, que agradecía gozando dos días de asueto sobre a area. Só os rostros maduros transparentaron o desacougo.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.