Redución voluntaria das forzas militares pactada entre varios países, ao servizo da paz.
Etimoloxía
É un derivado de armamento, procedente do latín armamentum 'conxunto e armas'.
Exemplos *
"Nos últimos días creceran os dixomedíxomes en Belfast acerca dunha posible iniciativa do IRA de desarmamento." (O Correo Galego 2001-10-19)
"As autoridades norcoreanas anunciaron antonte a súa retirada das conversacións a seis bandas para completar o proceso de desarmamento nuclear …" (Galicia Hoxe 2009-04-16)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.