desbaldir

Gastar diñeiro ou bens sen ningún control e en cousas que non o merecen ou das que non se tira proveito.

Etimoloxía

Non se coñece a súa orixe.

Exemplos *

"… xuntou os cartos para a viaxe dela e foi quen de lle roubar unhas xoias a un militar que residía na rúa Garibaldi e que adoitaba desbaldir os pesos do seu retiro nas barras solitarias dos bares." (Antón Riveiro Coello: As Rulas de Bakunin)

"Para iso debemos saír das paredes luxosas das nosas casas con baño, aseo e hidroterapia, nas que desbaldimos a auga a pasear pola beira dos ríos, para ver como están os leitos, estiñados, sen caudal, contaminados." (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe 2007-03-21)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.