Acción e efecto de descansar.
Etimoloxía
É un derivado de descansar, que remite ao latino campsare, que, desde o sentido orixinario aplicado á navegación de 'rodear ou dobrar', chegou ata o actual de 'cansar'.
Exemplos *
"… os santos, aínda que non o pareza, desempeñan un oficio moi comprometido e tamén teñen, como todos os traballadores e traballadoras, dereito ao idílico e arcádico descanso …" (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
"Outra das ironías da actual conxuntura social e económica é a progresiva negación do dereito ó descanso da poboación traballadora." (Santiago González Avión: Abrente incerto. Pobreza, dereitos humanos e desenvolvemento na Galicia de hoxe)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


