descargar

Copiar nun dispositivo un ficheiro, programa ou aplicación a través dunha rede

Etimoloxía

Palabra que procede do latín medieval discarricare, forma paralela a carricare ‘cargar’, desde o clásico carrus, -i ‘carro’.

Exemplos *

“Segundo Roberto non tiña obxecto descargar (baixar, chamábao el) e ocupar espazo do disco duro con ficheiros aos que se podía acceder en calquera momento.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

“Non fai falla ter coñecementos científicos nin informáticos, basta con descargar e instalar o software que se ofrece na páxina web do proxecto.” (Xurxo Mariño Alfonso: Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.