Persoa que descende doutra.
Etimoloxía
Para esta forma, o étimo latino era descendens, -entis, do verbo descendere ‘descender’.
Exemplos *
“Un descendente de dúas persoas louras, de ollos azuis, non pode ter o cabelo e os ollos doutra cor, así dicían as novas leis da herdanza que se comezaban a estudar na universidade.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)
“¿En que fallara como pai para que a súa descendente namorase daquel home tan distanciado da súa liñaxe, rango e condición…?” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.