Cantidade que se desconta
Etimoloxía
Palabra derivada do verbo “descontar”, que se crea mediante prefixación sobre “contar” a partir do latín computare ‘contar’ ou ‘calcular’.
Exemplos *
“Os asociados tiñan dereito a facérense con sementes seleccionadas, prantas e adubos químicos a un precio especial, a participaren das ganancias obtidas na venda dos productos e a acollérense aos descontos que determinados comerciantes facían aos membros da Cooperativa.” (Narciso de Gabriel: Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural, 1989)
“Co medo no corpo, correu a xente a aprovisionarse tras dos cristais rotos, baleirando os supermercados, facendo acopio nos grandes almacéns, sen atender ás etiquetas con desconto nin aos sinais de stop onde as caixeiras.” (Camilo Franco: Palabras contadas, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.