desembarco

Acción e efecto de desembarcar

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “desembarcar” que, á súa vez, remite “barco” que vén do latín tardío barca de significado semellante.

Exemplos *

“O que aínda non aparece nos documentos desclasificados por Londres é o plan de desembarco en Galicia. Se ten falado dunha operación na praia de Doniños, en Ferrol, que podería ter sido unha Normandía galega.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 4-2015)

“Cando Rui Vázquez escribe no século XV a "Crónica de Santa María de Iria" (un deses varios documentos a manexar), aínda non sendo imparcial, pois endexamais Iria estivo cos mareantes, fala das invasións, desembarcos e rapinas que "as bravas e impías xentes do norte" fixeron en distintas épocas nas rías de Noia e de Arousa.” (Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia, 1982)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.