desenlace

Parte final dunha obra de teatro, de cine, de literatura ou dun asunto ou dificultade calquera, en que remata o seu desenvolvemento

Etimoloxía

Derivado regresivo do verbo “desenlazar” que na súa formación remite a “lazo” que nos leva á palabra latina laqueu ‘nó’.

Exemplos *

“Estrela mantivo a serenidade durante todo o día, coma se este desenlace estivese previsto, o final dunha historia xa escrita.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“O desenlace do incendio do pasado 31 de marzo non deixou máis que abatemento nos sentimentos daquelas persoas que amamos este agasallo da natureza. Árbores caídas, superficies núas, animais desaparecidos e un silencio sepulcral.” (Natalia Moreira: Sermos Galicia, 10-08-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.