Representación gráfica dun obxecto, xeralmente só mediante liñas e cun fin comercial ou artístico
Etimoloxía
Vocábulo procedente do italiano disegno de significado semellante.
Exemplos *
“Nas pezas presentes na exposición observamos o froito dunha investigación que rastrexa a utilización de formas tradicionais na produción de deseño contemporáneo na Galiza.” (Lola Dopico: Sermos Galicia, 8-1-2015)
“Unha incendiaria e radical exposición itinerante para homenaxear a todos os artistas que compulsan a súa brutal creatividade realizando os carteis, debuxos, viñetas ou deseños apoiando á LNB en cada un dos seus movementos.” (Xermán Viluba: Sermos Galicia, 9-1-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.