desertización

Acción e efecto de desertizar ou desertizarse

Etimoloxía

Palabra derivada de “desertizar”, creada sobre “deserto” que procede do latín desertum, -i, co significado ‘local árido, sen vexetación’.

Exemplos *

“A explotación da faca galega é economista e conservacionista polos seguintes factores : (...) presta a súa contribución ó necesario equilibrio ecolóxico e evita a desertización de zonas desfavorecidas (...)” (Herminio Pose Nieto: Os animais domésticos na historia de Galicia / Galicia, terra de équidos, 2008)

“En Madrid elaboraron un plan para aumentar a masa forestal con fin de frear a desertización.” (H. Vixande: A Nosa Terra, 05-09-2002)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.